carta a sete administracións distintas, entre elas os concellos de Meis e Barro e a Consellería de Infraestruturas, reclamando medidas contra as riadas que, segundo eles, sofren pola canalización das escorrentías do macronudo de Curro.Os comuneiros celebraron recentemente unha asemblea na que acordaron dirixirse formalmente a estas administracións solicitando unha solución ao problema. Acudiron uns 70 veciños, e o avogado da comunidade presentou o escrito que se ía a enviar á Xunta e os concellos. Este foi asinado polos asistentes, e por outra vintena de propietarios de monte.
As peticións da agrupación veciñal céntranse na construción dun novo pozo de rega, máis próximo ao manancial do que se nutre o que utilizan na actualidade, e unha correcta canalización das augas pluviais procedentes do nó de Curro e do polígono industrial de Barro.
Os veciños sosteñen que a Xunta canalizou as escorrentías destas dúas grandes infraestruturas cara a un pozo que se atopa a escasos seis metros do que eles utilizan para a rega das leiras.
Neste sentido, denuncian que a principios de outubro pasado, durante uns días de choiva intensa, o pozo da Xunta desbordou, alagando o de rega dos veciños e provocando despois unha auténtica riada no arroio polo que desagua o pozo de rega, alagando numerosas leiras da contorna.
Os comuneiros din que se non se toman medidas correctoras o problema agravarase no inverno, e piden á administración unha resposta clara e áxil. O alcalde de Meis, José Luís Pérez, xa manifestou fai un mes que se está tramitando a adquisición dunha parcela pola que se faría a canalización do nó.