Un novo roubo de xoias nun domicilio pon en alerta aos veciños de Barro

O asalto a un domicilio da parroquia da Portela, en Barro, este fin de semana volveu a pór en alerta aos veciños de Barro, un municipio no que están proliferando os pequenos roubos en vivendas.Neste caso, o dono da vivenda, da zona da Estación, atopouse coa fechadura forzada ao regresar á súa vivenda o venres.
Os asaltantes leváronse unha importante cantidade de xoias, todas elas de ouro e de importante valor ecómico, ademais do sentimental.Os ladróns entraron pola parte de atrás da casa e revolveron en todas as habitacións ata dar co que querían. Non subtraeron electrodomésticos nin outros efectos. Fontes veciñais afirman que na zona puidéronse ver un par de coches descoñecidos pola tarde, na mesma xornada na que se produciu o asalto.Neste mesmo municipio, pero na parroquia de Curro denunciáronse no último semestre varios roubos e intentos de furto de distinto tipo. Entre eles, o asalto á casa dos pais dun mozo no mesmo día en que celebraba a súa voda; o roubo de case 200 postes de pedra e formigón nunha leira da Bretoña, ou o roubo de material e outros efectos no interior dunha das vivendas da edificación de Comercial Vilanova. Ademais, recentemente, en montes do municipio, alguén sacrificou unha vaca mostrenca para roubar carne.

11 Novembro 2012Rouban á Deputación varias máquinas e varandas para a venda de chatarra

4 Novembro 2012‘Mordida’, unha vaca que morreu por mansa e non por satánica

30 Outubro 2012 Intento de roubo en Curro

28 Setembro 2012Rouban case 200 postes e viguetas dunha propiedade en Bretoña, Curro

27 Setembro 2012Video TVG. Levan nove mil euros de botín dunha casa en Barro

26 Setembro 2012Continúan os roubos en Barro

25 Setembro 2012Ladróns desvalixan os coches de varios veciños de Barro mentres estaban en misa

7 Setembro 2012Rouban o bote da voda a uns recen casados de Barro

25 Decembro 2011Os ladróns asaltan o campo do Barro CF e deixan pintadas burlándose do equipo

23 Decembro 2011Roubo no campo de futbol

17 Decembro 2011Desvalixan outra vivenda en Curro

14 Outubro 2011Desvalixan unha vivenda no Santo Antoniño

17 Marzo 2011Desvalixan a cociña dunha vivenda en construción en Perdecanai

10 Marzo 2011Subtraen xoias dunha casa en Curro tras forzar unha fiestra

11 Marzo 2011Intento de roubo no polígono industrial

20 Novembro 2010O roubo dunha tubaxe provoca unha grave vertedura en Barro

20 Novembro 2010A falta de actividade e de vixilancia na planta de Aglonor propiciaron o seu desmantelamento

A Garda Civil recupera unha pa escavadora roubada en Barro

Deixar un comentario