O día 20 de Novembro de 1989 foi aprobada pola Asemblea das Nacións
Unidas, a Declaración sobre os Dereitos do Neno, desde entón nesta data celébrase o Dia Universal da Infancia.
Con esta declaración recoñécese por primeira vez a ciudadania dos nenos e nenas e téñense en conta tres aspectos fundamentais:
Dereito a ser protexido fronte a certas clases de conduta (abandono, malostratos, explotación)
Dereito a acceder a certos beneficios e servizos (educación, atención sanitaria, seguridade social)
Dereito a realizar certas actividades e a participar nelas.
Os Dereitos do Neno veñen enumerados na seguinte Declaración:
Dereito á igualdade
Dereito á Protección.
Dereito á Identidade e á Nacionalidade.
Dereito a ter unha casa, alimentos e atención.
Dereito á educación e á atención ao diminuído.
Dereito ao amor dos pais e a sociedade.
Dereito á educación gratuíta e a xogar.
Dereito a ser o primeiro en recibir axuda.
Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación
Dereito a crecer en solidariedade, comprensión e xustiza entre os pobos