A asociación Acebarro mantén un acordo con dúas filiais de Ecovidrio.
A directiva da asociación de comerciantes e empresarios de Barro, Acebarro, chegou a un acordo coas empresas Ecovidrio, que se dedican á recollida selectiva de envases de vidro e á recollida de aceites alimenticios, para ofrecer ambos os dous servizos aos socios do colectivo. Os responsables de Acebarro afirman que a empresa actuará «en consonancia coas normas municipais ASEMBLEA. A decisión é unha das primeiras que adoptan en conxunto os membros da asociación de empresarios de Barro, que o 15 de Novembro ás 20.00 horas (ás 21.00, en segunda convocatoría), celebrarán unha asemblea xeral ordinaria para informar os asociados dos pasos dados ata o momento, da nova campaña de Nadal así como dos proxectos e iniciativas a levar a cabo durante o ano 2013.
Ademais, nos locais de hostalaría asociados, ou ben na propía asociación, están a disposición do público os números de lotaría de Nadal da entidade.
