Aparatoso accidente de tráfico en Barro

A estrada que une Mosteiro coa AP-9 na ligazón de Curro , en Barro, foi escenario dun aparatoso accidente de tráfico ocorrido pouco despois das nove desta noite. Segundo informaron fontes do caso, o suceso produciuse cando chocaron os dous vehículos e un deles envorcou sobre a calzada. Segundo as testemuñas non houbo atrapados, pero ata o lugar desprazáronse unha ambulancia do 061 para atender aos ocupantes dos vehículos e unha patrulla da Garda Civil para regular o tráfico.

Deixar un comentario