Sempre que podo asisto a todo canto sarao social me permite o meu traballo,
sobre todo se ten un fin benéfico. E será o que faga o próximo venres (Deus mediante): apuntarme á festa que organiza a protectora Os Palleiros para recadar fondos. O ‘menú’ é do máis atractivo: concertos de Ana Angueira e Xana, e música e baile coa asociaciónBlack Box. Ademais, haberá sorteos de regalos e máis sorpresas que non quixeron desvelar para manter a intriga.
O prezo das entradas é de cinco euros sen consumición e oito euros con consumición. Todo o que se recade servirá para seguir axudando os preto de 200 animais dos que se ocupa actualmente Os Palleiros. Moito ánimo e parabén polo voso traballo.

