A ACD Tenis As Baladas organiza un torneo de inverno
(afeccionado) coincidindo coa ponte de Todos Los Santos.
A ACD Tenis As Baladas organiza un torneo de inverno (afeccionado) coincidindo a festividade e ponte de Todos Los Santos. Como é habitual o devandito torneo celebrarase na pista de tenis municipal sita na Rúa Baladas s/n de Barro.
O desenvolvemento do torneo farase en formato individual e afeccionado, se ben, no caso de que se cubran un mínimo de 10 parellas, tamén se celebrará o devandito torneo en formato dobres.
Os partidos serán a 4 xogos e en caso de empate a 3, con haberá estafe break. A data do torneo será do 1 ao 4 de Novembro, en horario por determinar segundo inscricións.
O prezo por inscrición é de 3 euros persoa, e de 6 euros parella.
A data límite de inscrición é o 29 de outubro e os interesados poderanse inscribir no Restaurante Porteliña en Barro (San Mauro6B, Portela).
Para máis información sobre o evento habilitáronse os seguintes teléfonos de información: 676774851 ó 669432132.
O xuíz-árbitro ou a directiva de ACD Tenis ás Baladas resérvase o dereito de modificar as normas, para o bo funcionamento do devandito torneo.
Os emparellamentos faranse o día 29, mediante sorteo a celebrar no Restaurante Porteliña.
Asdo. Joaquín Souto
Presidente
ACD Tenis “Ás Baladas” de Barro. tenisasbaladas@gmail.com
