As Anpas dos colexios de San Xoan, Lourido, Viñas, Espedregada e Chancela, de Poio, e do CEIP Amor Ruibal de Barro, apoian a convocatoria de folga prevista para mañá que foi convocada pola Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos (Ceapa) e os sindicatos de estudantes.
Consideran que os recortes en educación e a flexibilización do número de alumnos por aula, que aumenta o número de estudantes por clase, van en prexuízo do presente e futuro da educación dos seus fillos, polo que fan un chamamento aos pais para que “non leven aos seus fillos ao colexio do xoves 18, xa que nos estamos xogando unha educación gratuíta e de calidade”, aseguran.


