Centos de devotos acudiron ao longo da xornada de onte a Barro que celebrou o día grande en honra de San Breixo. A
romaría e as misas a partir do nove da mañá protagonizaron a xornada.
O principal acto relixioso tivo lugar ás 12.30 horas coa misa solemne e a continuación celebrouse a procesión. Posteriormente dió comezo a romaría popular animada pola Banda de Música Cultural de Barro.
Tamén pola tarde e ata o nove da noite houbo misas e á súa finalización volveu actuar a Banda de Música.
A pesar da importante asistencia de público, o certo é que houbo menos xente que en anteriores anos. Precisamente onte recibiu sepultura o matrimonio octoxenario que faleceu no accidente ocorrido o pasado venres ao ser arremetido o seu automóbil por un camión á altura da gasolineira de San Antoniño.
O oficio relixioso terá lugar hoxe.
