Dous mortos ao chocar un coche e un camión en Barro

Dúas persoas faleceron nun grave accidente de tráfico ocorrido pasadas as doce da mañá en Barro, ao chocar por alcance dous coches e un camión na N-550 á altura da gasolineira de San Antoniño. Os mortos son unha muller de 80 anos e un home de 81. As primeiras hipóteses apuntan a que un dos vehículos foi embestido polo camión mentres esperaba a que outro turismo fixese un xiro á altura da estación de servizo. O suceso mantén mobilizados neste momento aos equipos de urxencia. Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Pontevedra, Urxencias Sanitarias e efectivos da Garda Civil de Tráfico. A colisión produciuse no quilómetro 107 do citado viario que une Pontevedra con Santiago. O 112 indicou que o camión non portaba mercancía perigosa.

VIDEO, PREME AQUI

Deixar un comentario