Faustino Batallan (politico local do PP) e Ana Vazquez (deputada) inauguran o curso de informática avanzada

As Mulleres Rurais  de Barro participan no programa “Pensa en ti” da Deputación, inaugurado onte por Faustino Batallan e Ana Isabel Vázquez.

O obxectivo central deste programa é fomentar a participación e cooperación social e promover a igualdade entre homes e mulleres.

Este ano, como novidade e coa intención de implicar aos homes no traballo a prol da igualdade e da promoción da muller, establécese unha reserva do 20% das prazas para os homes

Deixar un comentario