Do impulso da A-57 ao novo esquecemento da circunvalación de Pontevedra

O proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para o 2013 é un deses documentos que arroxan lecturas de todo signo. Noticias esperanzadoras e xerros de auga fría. No primeiro grupo figura, por encima de todas, a primeira partida de relevancia para a A-57, a alternativa gratuíta á autoestrada do Atlántico que haberá de unir a capital con Vigo. No segundo destaca o novo esquecemento da circunvalación de Pontevedra, pendente desde hai varios anos e que o exercicio que vén non recibirá nin un euro do erario.

Os orzamentos recollen ademais outras cinco partidas de 450.000 euros cada unha para a redacción de proxectos doutros tantos tramos da A-57: O Confurco-Padróns (7,2 kms), Padróns-Pazos de Borbén (7,1 kms), Pazos-Soutomaior (6,1), Soutomaior-Vilaboa (7,5) e A Ermida-Pilarteiros (5 kms). O documento presentado onte recolle outras dúas achegas máis modestas relacionadas con esta autovía. Unha de 38.500 euros para o tramo Pilarteiros-Barro e a súa conexión coa AP-9 e outra de 10.000 para a ligazón coa A-52.

PARA SEGUIR LENDO ESTA NOVA, PREME AQUI…

Deixar un comentario