O político local do PP Faustino Batallan opina en facebook sobre o pleno celebrado hoxe en Barro

3 thoughts on “O político local do PP Faustino Batallan opina en facebook sobre o pleno celebrado hoxe en Barro

  1. A corrección, discrección e talante que se lhe esixe a un representante político non é moi refinada..Que mala hostia ten. Claro que desta xente pouco se pode esperar..

  2. En relación co comentario de Fautino Batallán Cons sobre a miña persoa aclaro o seguinte: O retraso no comezo do pleno do concello de Barro do dia 27 de setembro de 2012 non é a primeira vez, nin a segunda, nin a terceira que sucede debido a retrasos de algun dos membros que a ek asuste, en todos os casos en que os demais tivemos que agardar por alguén que se retrasou sempre mostramos respeto e comprensión cós feitos porque sabemos que ninguén se retrasa voluntariamente e con mala fé.
    Aconteceu que o regreso en autobus para a hora prevista demorouse por causas alleas a miña vontade, non existindo medio de trasporte alternativo dendê o lugar o que me desplacei para evitar o retraso, feito do que avisei telefonicamente para coñecimento dos asistentes o pleno.
    As afirmacións vertidas por Faustino Batallán Cons fanse sin molestarse en averiguar os feitos, son intrusas, falsas e torticeiras coa única finalidade de faltar o respeto que todos nos debemos mutuamente. Minte, pois, ós veciños de Barro e o público o que se dirixe.
    Moitas cousas positivas poderia e deberia facer antes da intromisión na honorabilidade das persoas. Dabondo deberia ter con preocuparse póla organización a que pertence ou coa que sevincula pois dende a guerra civil do século XX ningunha organización como esa cousou, coa política que practica, tanta inxustiza, tanta vulneracion de dereitos básicos, tanto sufrimento e tanta incertidume a cidadania.
    Quero deixar clara a miña postura ante a cidadania e en especial ante os veciños de Barro os que debo o trato educación e respeto que para min tamén esixo, porque entendo que calquer feito que cuestione as persoas e atente contra a sua dignidade debe ser radicamente contestado e rechazado xá que o longo da historia non hai erro mais imperdoable que as vitimas lexitimen os seus verdugos.

    Xesús Rodríguez
    cidadán e funcionário do concello de Barro

Deixar un comentario