O BNG satisfeito de que non se permitan industrias perigosas e contaminantes no polígono de Curro

Dende o BNG queremos manifestar a nosa satisfacción polo acordo entre a Deputación e o Concello de Barro cos veciños e veciñas de Curro para desbloquear a inseguridade xurídica na que se atopaba o polígono industrial de Outeda.

Coincidimos co sr. Louzán en que nunca se tiña que ter chegado a esta situación, e que con diálogo se poden solucionar os problemas. Mágoa que ese diálogo só chegara cando as sentenzas xudiciais bloquearon o desenvolvemento do polígono, e non se producise ao comezo do conflito nin cando saíu a sentenza que anulaba a tramitación.

Os responsábeis do PP terán que explicar por que non quixeron dialogar cos representantes veciñais cando estes así o demandaron.

O BNG está certo que, se nun primeiro momento se desen garantías aos veciños de que non se permitirá a instalación de industrias perigosas e contaminantes neste polígono, non teriamos chegado a esta situación.

Asdo: Xosé Manuel Fernández Abraldes

Deixar un comentario