Ladróns desvalixan os coches de varios veciños de Barro mentres estaban en misa

C. GARCÍA – PONTEVEDRA.  As oracións que recitaban os veciños de Curro  que o pasado domingo asistían a misa non foron suficiente para evitar que varios deles fosen obxecto dun roubo nos coches que tiñan aparcados fóra do templo. Todo o contrario, xa que os ladróns aproveitaron que os fieis estaban no oficio relixioso para cometer os furtos.

Aconteceu o domingo pola tarde. Moitos fieis estacionaron os seus vehículos no aparcadoiro e dirixíronse ao interior do templo. Escurecía e iso axudou aos ladróns a pasar máis inadvertidos. Ao rematar a misa, descubriuse a desagradable sorpresa, cando os asistentes ao oficio viron as lúas dalgúns dos coches rotas. Afectados  explicaron que os ladróns roubaron bolsos, móbiles e algunha peza de roupa. Polo menos foron tres os coches afectados, aínda que non se descarta que haxa máis casos.

Deixar un comentario