I Ciclo Multidisciplinar Barosa Líquida

O proxecto dun ciclo multidisplinar parte da idea Ana Seoane e Adrián Silva co fin de mesturar diversas artes nun mesmo punto e baixo un mesmo eixe. Grazas a Universidade de Vigo (Facultade de Belas Artes, e grazas a un estudo de investigación financiado pola Cátedra Filgueira Valverde na súa convocatoria de 2012); Ana Seoane Suárez e Adrián Silva Magdalena xunto coa colaboración de Barosa (espacio gastronatural) e a Banda Xuvenil de Barro así como tamén o apoio das casas de música: Gallery trumpets (Caldas de Reis), Ópera Prima (Vigo) e Musical Pontevedra (Pontevedra) e a Portal48 como aglutinador de todo este proxecto; promoven unha iniciativa artístico-cultural para por o broche de ouro ó verán de 2012, BAROSA LÍQUIDA.

Nun entorno inigualable, a fervenza e muíños de Barosa no concello de Barro, propóñense 3 sábados para disfrutar do arte, a música, a poesía e a gastronomía a través de propostas interdisciplinares que farán de Barosa un lugar onde disfrutar de seráns memorables e ricos en variedade cultural.
Agradecementos: Barosa (espacio gastronatural), Portal48, Universidade de Vigo “Facultade de Belas Artes”, Concello de Barro, Gallery Trumpets, Ópera Prima e Musical Pontevedra.

Unha cita que non se poden perder todos/as os/as amantes do arte no seu estado máis puro.

Programación Barosa Líquida
INDENTIDADES LÍQUIDAS (DO 15 AO 29 DE SETEMBRO)
Instalacións artísticas de: Juan carlos

Meana, Fran Miguens Ferro e Ana Seoane

15 de Setembro – 21:30h

SONS LÍQUIDOS
Concerto de BXBRASS
Concerto patrocinado por Gallery Trumpets (Caldas de Reis)
ESCEA LÍQUIDA
Miro Magariños, actor
PRATOS LÍQUIDOS
Prato: Entrecot de boi

22 de Setembro – 21:30h
SONS LÍQUIDOS
Concerto de Sax-Pistols
Concerto patrocinado por Ópera Prima (Vigo)
LETRAS LÍQUIDAS
Poesía de Adolfo Caamaño Vazquez
IMAXES LÍQUIDAS
Proxección de Ana Fontán
PRATOS LÍQUIDOS
Prato: Rodaballo a prancha con panaché e puré

29 de Setembro – 21:30h
SONS LÍQUIDOS
Concerto de “PERFLU”
Concerto patrocinado por Musical Pontevedra (Pontevedra)
LETRAS LIQUIDAS
Poesía de Carlos Fontes
INTERVENCIÓN PICTÓRICA
Ana Seoane
PRATOS LÍQUIDOS
Prato: Minibombas de chocolate

Agardámosvos¡¡

Deixar un comentario