As listas do paro adelgazaron en dez do catorce concellos que integran a comarca: Pontevedra (124 desempregados menos), Poio (53 menos), Vilaboa (20), Ponte Caldelas (25), A Lama (17 menos) Campo Lameiro (4), Barro (5), Sanxenxo (7 menos), Portas (9) e Cuntis (14). En tanto que en tres municipios a listaxe aumentou: en Caldas (8 demandantes de emprego máis), Moraña (15 máis ) e Cotobade (con dous máis) e nun caso, no de Marín, non se rexistrou ningunha variación: había rexistrados 2.407 desempregados a 31 de xullo e hai rexistrado igual número un mes despois.
Unha análise detallada da contratación deixa en evidencia que a contratación estival beneficiou ás mulleres sobre os homes –nunha relación de seis a catro– e ás traballadoras cunha certa experiencia laboral sobre as que optaban a incorporarse por primeira vez ao mercado laboral. Quedaron á marxe as candidatas e candidatos de máis de 45 anos quen, como vén ocorrendo desde o estalido da crise, tamén no verán teñen pechadas practicamente baixo sete chaves as portas de acceso ao emprego.
Polo que se refire a Pontevedra e a súa comarca, a construción mantén un importante número de demandantes de emprego e os servizos públicos consolídanse como unha canteira de parados.
Mais información preme no enlace:

