Nota informativa da Agrupación socialista de Barro

O  pasado xoves fai unha semana anunciase en todos os medios o comenzo das obras da rotonda do nó pequeno de Curro, no concello de  Barro, alí estiveron presentes cargos políticos, técnicos, membros da plataforma  da PO 531, comunidade de montes e eu como Portavoz municipal do PSOE. Ese dia anunciabase comenzo das obras, xa que alí viñeron uns topógrafos a facer unhas raias na estrada, pero mais ben parecia un quedar ben e pechar  bocas diante dos medios, porque alí non se ve nadie traballando. Nos confiamos en que o proxecto se faga, pero tamén pensamos que se non chega a ser pola presión dos veciños, e da insistencia do presidente da plataforma, con chamadas continuas os politicos de turno, esto non se levaria a cabo e teríamos cruce como está para rato. Aínda así confiando que o proxecto se faga, estaremos vixiantes todos os dias e esiximos a Xunta menos demagoxia e que empecen as obras canto antes. Non dubidaremos en convcocar os veciños en novas concentracións se esta obra non empeza canto antes. Cada dia que pasa faise mais difícil sair nese cruce e a paciencia ten un límite.

Deixar un comentario