FAUSTINO BATALLAN
O ventaxismo político e aproveitamento que algúns queren facer das obras no
Nudo de Curro, é sen dúbida toda unha pantomima, cando efectivamente os veciños saben que a modificación da PO-531 e o Nudo e tamén o nudo pequeno, son logros dos veciños de Curro que no seu nome e como
Presidente da Plataforma, Manuel Corredoira e o Concello de Barro, na persoa do alcalde Landín, acadaron e que a oposició
n veciñal botase abaixo as pretensión da antigua conselleira do goberno bipartito do PSOE+BNG, María José Caride, membro do PSOE. Mañán ás 13 horas, o Delegado Territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Cores Tourís, visitará a zona de obras, donde estará acompañado de Manuel Corredoira e José Antonio Landín entre outros, e clarificarán unha realidade que sempre existiu, que é o proxecto do nudo pequeno, e que se executará segundo o previsto, xa anteriormente, e non debido a ningunha maniobra, presións ou manifestación como pretende algún de maneira recente. As obras xa estaban previstas, e iso sábeo ben a plataforma dos veciños. Mañán quedará claro. Saúdos.