O BNG esixe a inmediata reposición da rotonda provisional de Curro

Os nacionalistas solicitan un Pleno Extraordinario

 Mentre non se executan as obras definitivas do chamado Nó Pequeno, a carón da igrexa de Currro, o BNG esixe a inmediata reposición da rotonda provisional esixente nese punto mentres se realizaban as obras do Macro Nó.

 Neste sentido, o BNG presentou una moción no Concello de Barro e a solicitude dun Pleno Extraordinario para que toda a corporación se sume a esta demanda.

Dende que foi suprimida a rotonda provisional, cada cruce dun vehículo nese punto (e non falemos xa dos peóns) convértese nunha manobra de máximo risco. A elevada velocidade dos vehículos de paso, así como o confuso da sinalización fai que ese punto sexa moito máis perigoso do que foi nunca.

A actuación do PP a respeito das obras da PO-531 en Curro demostran o total desprezo que teñen pola seguranza dos veciños e veciñas de Barro. Dende que chegaron ao goberno da Xunta adicáronse a darlle largas ao comezo das obras con presuntas modificacións dun proxecto que xa quedara consensuado no fundamental co anterior goberno.

A tomadura de pelo aos vecinos de Barro confirmouna o conselleiro Hernandez no mes de xuño pasado, ao informar que a reforma desta estrada quedaba en suspenso, e que o chamado Nó Pequeno, a carón da igrexa aínda non sabían como resolvelo.

O PP antepón a velocidade do tráfico á seguranza da xente

Compre lembrar que a solución definitiva a este cruce tan perigoso xa estaba aprobada e orzamentada pero, no seu afán de aforrar cartos en seguranza, o PP renuncia a ese investimento.

Os vecinos e veciñas de Curro estiveron moito tempo soportando as molestias das obras do Macro Nó, e agora son “premiados” coa decisión irresponsábel dos gobernantes do PP de suprimir a rotonda provisional que, polo menos, servía para calmar a velocidade do tráfico e daba una mínima seguranza á circulación do tráfico local.

O BNG esixe una solución definitiva a ese cruce tan perigoso, mantendo a separación do tránsito de paso e do tránsito local, e permitindo que a xente que se mova a pé nese contorno o poida facer con total seguridade.

Deixar un comentario