Veciños de Curro estudan protestas para reclamar o nó pequeno

A apertura total ao tráfico do macroenlace de Curro, o pasado sábado, caldeou os ánimos na localidade. Veciños da zona manifestaron onte estar a estudar posibles mobilizacións para forzar unha solución aos problemas de tráfico que apareceron na intersección no lugar da PO-531 Vilagarcía-Pontevedra nada máis retirar este fin de semana a rotonda provisional de obras e converter o cruzamento nunha saída con stops e illote de incorporación. Na mesma xornada de apertura do tramo se rexistraron varios accidentes, de escasos danos, e os problemas persisten, denuncian os residentes.
Tanto estes como os grupos da oposición recordan que o compromiso da administración era dotar a este cruzamento do chamado “nó pequeno” de Curro, unha glorieta, cun paso subterráneo, cuxa última previsión coñecida era a de comezar a súa execución ao termo do macronó.

Non obstante, fontes consultadas onte na Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas evitaban pronunciarse sobre a previsión con respecto a este proxecto pendente. Iso si, confirmaban que o nó maior está practicamente concluído, a falta de “facer tarefas de acondicionamento de vertedoiros.

En canto ao compromiso anunciado nunha visita urxente á zona, o sábado, do delegado da Xunta, José Manuel Cores Tourís, que prometeu reforzo de sinais no cruzamento, as mesmas fontes en Medio indicaron onte que ” ou nó pequeno de Curro xa conta coa sinalizacion provisional”.

Os veciños, non obstante, esixen que ata a construción do enlace pequeno se recupere a rotonda provisional de obras que había ata este fin de semana, en lugar do cruzamento con stops.

Deixar un comentario