Varios feridos na AP-9 nunha colisión entre turismos

A colisión que se produciu na autoestrada AP-9 onte pola mañá ao seu paso por Barro causo varios feridos sen que tivese constancia de que algún deles sufrise feridas que fixesen temer pola súa vida. O suceso produciuse en torno ás 8:30 horas entre dous turismos. Ata o lugar acudiron a Garda Civil de Tráfico e tamén emerxencias sanitarias.

Deixar un comentario