O gran nó de comunicacións de Curro está desde hoxe completamente operativo

A apertura do ramal que permite os movementos de tráfico directos entre a autovía do Salnés, a nova glorieta e a estrada PO-531, a partir desta mañá permite completar a total posta en servizo do macronudo de comunicacións de Curro, do que nun futuro sairá tamén unha autovía cara a Vilagarcía.
Este novo ramal beneficio especialmente aos vehículos procedentes de Pontevedra cara á autovía do Salnés e viceversa, que poderán empregar viarias directos sen necesidade de circular pola rotonda elevada.
Fontes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas indicaron que “deste xeito se ratifica un compromiso máis do actual Goberno de finalizar as obras na súa totalidade no ano 2012, tal como anunciara o conselleiro Agustín Hernández durante a presentación do proxecto”.
Trátase dunha infraestrutura con varios niveis, que implicou un investimento de 39 millóns de euros, e que conecta a autoestrada AP-9, a autovía do Salnés, e as futuras autovías Pontevedra-Vilagarcía (AG-47) e Pontevedra-Vigo (A-57). Estímase que por este nó de comunicacións circulará unha intensidade media de 17.000 vehículos ao día, e que superará os 25.000 vehículos/día nos meses estivais, polo que o cálculo anual estímase en máis de 6 millóns de vehículos nun ano.
Esta nova infraestrutura conecta o tráfico da zona industrial de Pontevedra coas vías de alta capacidade, mellorando substancialmente as comunicacións viarias coa capital da provincial ordenando e canalizando a elevada intensidade de tráfico que conflúe na rede de alta capacidade, especialmente coa autovía do Salnés, e sacando da armazón urbana do núcleo de Curro o tráfico de entrada e saída da ligazón.
A Consellería tamén lembra que para a execución do nó de Curro tivéronse en conta as reivindicacións veciñais, reducíndose ao mínimo o impacto sobre as áreas residenciais, e o traballo realizado pola Axencia Galega de Infraestruturas para desbloquear a construción do nó de Curro e conseguir un deseño funcionar que responderá as necesidades da zona.
A ligazón de Curro é un intercambiador de tráficos entre a autoestrada AP-9, a autovía do Salnés, a futura autovía de Vilagarcía, a futura A-57 e a rede de estradas da zona (PO-531 Pontevedra-Vilagarcía, PO-300 Meis-Ribadumia-Cambados-Vilanova de Arousa, e os polígonos industriais que se desenvolven nos límites dos municipios de Barro e de Meis.
Tres niveles
O nó de comunicacións foi deseñado en tres niveles. O número uno dá continuidade á autovía do Salnés coa autoestrada AP-9, integramente en autovía, o que mellora a solución anterior.
O nivel 2 está formado por unha glorieta de 180 metros de diámetro que conecta a antiga estrada PO-531, que serve aos polígonos, a PO-531 en dirección a Vilagarcía de Arousa, onde sae tamén a PO-300 cara a Cambados, e os oito ramais que conectan aos troncos principais (niveis 1 e 3). O nivel 3 dá continuidade á PO-531 en dirección a Pontevedra coa futura autovía a Vilagarcía.
Ademais habilitáronse carrís para movementos exteriores á glorieta que conectan directamente a autoestrada coa futura autovía de Vilagarcía en ambos os sentidos e a PO-531 Pontevedra-Vilagarcía coa autovía do Salnés en ambos os sentidos. Esta ligazón supón un investimento de 39 millóns de euros e a execución de nove pasos inferiores, catro pasos superiores e dúas glorietas.

A primeira fase da autovía a Vilagarcía aínda está pendente
A primeira fase da futura autovía que unirá Vilagarcía de Arousa con Pontevedra, desde o nó de comunicacións de Curro ata a ligazón de Costa foi adxudicada en febreiro de 2011 á UTE formada por FCC-COVSA por 13.212.957,96 euros e un prazo de execución de 21 meses, tal como indicaba a Sociedade Pública de Investimentos de Galicia SA, SPI.
Pero finalmente a crise económica e as complicacións de execución do macronudo de comunicacións de Curro levaron a atrasar a infraestrutura, sen que por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas explicásese a nova planificación para facer realidade esta autovía xustificada pola alta densidade de tráfico na estrada PO-531 entre Vilagarcía de Arousa e Pontevedra.
Esta primeira fase da autovía Curro-Baión (a Vilagarcía) discorre integramente por terreos do termo municipal de Meis e consta dun trazado de dous quilómetros con catro carrís, dous en cada sentido.

O proxecto para a segunda fase, paralizado
A redacción do proxecto técnico para a segunda fase desta autovía, cunha lonxitude de seis quilómetros, foi paralizada, polo que o proceso desta infraestrutura de comunicación demandada polos vilagarciáns atrasarase aínda máis.
Este segundo tramo da autovía resulta máis complexo debido a que debe salvar o río Umia entre Santa María de Paradela (Meis) e Baión (Vilanova) mediante un novo viaduto.

Deixar un comentario