Con nocturnidade, a Xunta de Galiza vén de pintar a pasada noite o nó pequeno
de Curro, eliminando a rotonda provisional que existía até o este momento. Esta rotonda foi unha demanda histórica dos veciños e veciñas de Curro, e estaba contemplada no proxecto pactado entre o anterior goberno da Xunta de Galiza e os colectivos políticos e veciñais de Barro.
O proxecto orixinal, froito de combinar as solucións técnicas coa negociación cos representantes políticos e veciñais para acadar a solución máis segura contemplaba -compre lembralo- o soterramento do tráfico de Pontevedra a Vilagarcía e unha rotonda en superficie para o tráfico de Curro.
O BNG considera que a actuación da actual Xunta de Galiza eliminando mesmo a rotonda provisional que daba servizo aos veciños e veciñas de Curro é un total despropósito que incumpre todos os acordos acadados até o momento, e, polo tanto, esixe que se respecte o proxecto orixinal, acordado por unanimidade dos axentes políticos e sociais, soterrando o tráfico de paso e cunha rotonda en superficie para o tránsito local.
Barro a 11 de agosto de 2012