Mañá mércores na terraza de Barosa.
Gonzalo Arca en directo este mércores 8 de agosto a partir das 21:30 h. Entrada gratuíta.
Unha pequena bio do artista.
Tras o seu paso polas bandas Vao Permanente, ThePreachers Of Rock & Roll e Sugar Mountain afronta agora a súa carreira en solitario. No seu repertorio conviven temas propios e versións de artistas do talle de Bob Dylan, The Beatles, Chris Robinson, TheRollingStones,… Unha guitarra acústica e a súa esgazada voz compoñen todo o arsenal que presenta nos seus directos.