A actualización catastral realizada, ao amparo do preceptivo convenio de
colaboración, polo ORAL permitiu sacar á luz 16.975 unidades (vivendas, baixos, pisos, naves, galpóns…) en 37 municipios da provincia e en consecuencia incrementar a recadación dos impostos de bens inmobles (IBI) urbano en 8,4 millóns de euros respecto ao ano anterior. Unha cifra que case alcanza o nove millóns se se suman os ingresos derivados do citado IBI urbano, a contribución rústica e o imposto de bens de características especiais.
En total o ORAL €o organismo autónomo de recadación da administración local adscrito polo momento á Deputación de Pontevedra€ reintegrará este ano nas arcas municipais dos 51 concellos cuxa recadación xestiona algo máis de 54 millóns de euros fronte aos case 45,3 millóns do pasado ano.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, que onte fixo público estas cifras destacaba a importancia de actualizar o censo dun catastro, que en moitos casos levaba máis de dez anos sen ser revisado, polo que supón tanto de control e planificación de servizos como de ingresos ao erario público.
Segue lendo en:
