Estes son os municipios onde subirá o IBI en 2013

Á suba xeneralizada de impostos súmase, para miles de cidadáns, o incremento do Imposto de Bens Inmobles (IBI), que terán que afrontar a partir do próximo ano. Non é cuestión de mala sorte, senón de que xa tocaba que os valores catastrais dos seus inmobles fosen revisados, como así aconteceu.

Cada ano, o Catastro publica o Relatorio de Valores -documento no que se analiza a evolución do valor do chan e as edificacións- dos municipios que así o solicitan a este organismo dependente do Ministerio de Economía. En concreto, a lei pola que se rexe o IBIdetermina que, unha vez transcorrida unha década dende que se realizara a última valoración, e sempre a instancia das casas do concello, o Catastro debe realizar esta revisión.

Sigue lendo, preme aqui….

Deixar un comentario