Un ano despois de debutar, Gonzalo Cousido, veciño da Portela, lanzábase ao Rally de Famaliçao aos mandos
do Peugeot 206, o que actualmente pilotan Jose Manuel Pazos e Sergio Bargo.
Gonzalo saía simplemente a probar o Peugeot 206, xa que hai uns meses adquiriu unha unidade parecida para realizar as probas do campionato Galego.
Maila que non logrou acadar o orzamento necesario, decidiu participar no Rally de Famaliçao, en Portugal, contando coa compaña de Iria Constenla, veciña de Cuntis, que se atopaba moi comoda nos rallys portugueses e, sobre a que Gonzalo recalcaba que era unha grande copilota.
O equipo finalizaba nun merecido 6º posto da súa clase e nun 7º dos pilotos internacionais.
Moi contentos con este resultado e co comportamento do seu vehículo, o equipo, espera enfundarse de novo o mono para participar nalgunha proba máis.