O tradicional curro de Amil celébrouse este fin se semana neste municipio pontevedrés, co que se reafirma nunha tradición que periga noutros puntos da bisbarra. Os valentes aloitadores (entre eles mozos j de Barro) que arriscan a súa vida enfrontándose ás bestas volveron botarse ao monte e a pugnar cos cabalos nun dos curros con máis soleira da provincia.
Tras a sesión de venres, onte celebraronse dúas novas rapas, ás 12.00 e ás 17.00 horas precedidas dunha baixada dos equinos dende o monte Acibal ata o recinto habilitado para realizar as actividades. Pola noite,sorteo dun poldro entre os asistentes.
A diferenza doutros lugares da bisbarra, como Monte Castelo, en Cotobade, onde se decidiu non celebrar o seu curro, Amil si que decidiu manter o seu particular “baixa dás bestas”. Mentres tanto, na Escusa, no Monte Castrove, a outra localidade da bisbarra na que se levan a cabo estes curros, aínda está no aire a celebración de rápa.
A polémica sobre estes festexos, xurdiu pola existencia dun decreto que obriga á identificación e ordenación sanitaria dos cabalos, ademais da imposición de contratar un seguro a terceiros para as reses.
Polas esixencias da Xunta, que considera necesarias para garantir a seguridade dos veciños e dos espazos naturais, os gandeiros xa suspenderon curros como os de Oia e Cotobade para mostrar o seu rexeitamento ás medidas do goberno autonómico.
Os gandeiros aseguran que estas leis provocarán que se perda a tradición e os cabalos acabarán sendo abandonados, co conseguinte risco que leva consigo para os veciños. Por iso queren que se manteñan as normas anteriores coas que había un control mínimo.
