Aínda que a alerta por incendios forestais está activada desde o pasado 1 de
xullo, as temperaturas deste arranque do verán non foi propias da época. As previsións apuntan que a partir do próximo fin de semana chegará un anticiclón, con temperaturas na contorna dos 30 graos, que elevará o perigo dos incendios forestais, un fenómeno para o que a comarca de Pontevedra está declarada, case na súa totalidade como “zona de alto risco”. Dos 14 concellos da contorna da capital, once figuran no plan da Consellería de Medio Rural con esa máxima catalogación: Pontevedra, Barro, Caldas, Cotobade, A Lama, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Portas, Sanxenxo e Vilaboa. Tan só Cuntis, Moraña e Campo Lameiro quedan á marxe dese nivel. De feito, este tres municipios son os únicos da provincia sen o nivel de “alto risco”.
Segundo as normas da Xunta, nestas áreas levan a cabo “acciones máis intensas de vixilancia, disuasión e investigación que no resto do territorio”, ademais de aplicar de forma extrema as restricións como a prohibición das queimas controladas ou as churrascadas no monte.
Sigue lendo esta nova no seguente enlace:
