Praga de pulgas no parque se San Antoniño

Unha praga de pulgas invade nos últimos días o parque infantil de San Antoniño, numerosos bebes e pais sufriron picaduras no devandito parque, unhas veciñas informaron a un funcionario do concello e este comunícolle que o fagan por escrito para así poder tomar as medidas axeitadas para erradicar este problema.
Esperemos que o alcalde tome as medidas oportunas para erradicar estes novos veciños e se non hai diñeiro para fumigar polo menos debería sacar un bando informando os veciños para que non se acheguen polo devandito parque e arredores.

Deixar un comentario