A estrada N-550 rexistrou onte un aparatoso accidente de tráfico
ao seu paso por Porrans. O sinistro produciuse ás 18:13 horas e consistiu nunha saída de vía. Segundo confirmo protección civil, un vehículo marca Peugeot 307 saíuse da estrada e superou un valo. Afortunadamente, o condutor do coche non sufriu feridas.