O alcalde de Meis, José Luís Pérez, espera que o próximo fin de semana non
volvan producirse os atascos de tráfico na autovía do Salnés e na localidade de Mosteiro que o pasado fin de semana atraparon a centenares de condutores. A empresa contratista das obras do nó de comunicacións de Curro confirmoulle que os traballos de remate finalizarán esta semana. Con todo, será a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a que decida, despois de supervisar os traballos, cando poderá abrirse ao tráfico.
Pola súa banda, a Consellería pediu desculpas públicas aos usuarios da autovía do Salnés, pero lembrou que as actuacións hai que acabalas e que por tanto as molestias son inevitables.
Desde este departamento autonómico non se quixo pór unha data para a reapertura do tramo de autovía cortado e só comunicouse que se está axilizando e priorizando a execución destas obras e mesmo se programan axendas de traballo nocturnas, co fin de evitar as menores incidencias aos usuarios e que as molestias duren a menor cantidade de días posibles. A Xunta tamén puntualiza que se está actuando no tronco da autovía para mellorar e solucionar definitivamente o problema de grandes atascos de tráfico que vén producindo cada vez que hai unha xornada de praias. O próximo fin de semana é o primeiro día das vacacións de verán.
volvan producirse os atascos de tráfico na autovía do Salnés e na localidade de Mosteiro que o pasado fin de semana atraparon a centenares de condutores. A empresa contratista das obras do nó de comunicacións de Curro confirmoulle que os traballos de remate finalizarán esta semana. Con todo, será a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a que decida, despois de supervisar os traballos, cando poderá abrirse ao tráfico.Pola súa banda, a Consellería pediu desculpas públicas aos usuarios da autovía do Salnés, pero lembrou que as actuacións hai que acabalas e que por tanto as molestias son inevitables.