O proxecto de ampliación da PO-531, entre Pontevedra e Vilagarcía”tardará”,
segundo a conclusión extraida polos veciños da zona tras a reunión mantida onte co conselleiro. “Non” se poderá licitar “este ano e está por ver se se pode en 2013, porque non hai diñeiro; é o que nos dixo o conselleiro”, afirmou Manuel Corredoira, voceiro dos afectados.
“Tampouco saben como van facer o nó pequeno de Curro”, engadiuCorredoira tras o encontro con Agustín Hernández.
Ante esta falta de concreción, os veciños demandaron de novo que se liberalice o tramo de autoestrada entre Pontevedra e Caldas.
Pola súa banda, o conselleiro de Territorio e Infraestruturas explicou aos veciños que este departamento segue traballando nos proxectos dos dous tramos referidos. Así, se no caso do novo vial entre Alba e Curro o proxecto construtivo se terá aprobado antes de que finalice o ano -aseverou Hernández-, o tramo situado entre a saída de Pontevedra ata a conexión coa PO-225 a Alba, no que se inclúe a nova variante, Hernández sinalou que está previsto dispoñer do proxecto de trazado tamén antes de que conclúa o presente 2012.
Variante
A actuación coñecida como variante de Alba levarase a cabo ao longo de 850 metros e complementa a mellora da capacidade daPO-531, entre Pontevedra e Curro, que nun futuro se transformará nunha vía urbana, co obxectivo de compatibilizar o tráfico coa actividade existente nas súas marxes, segundo explicou oconselleiro.
Pero os voceiros veciñais extraeron da entrevista co titular deTerritorio, a “idea clara” de que a mellora desta estrada “tardará” por falta de presuposto, se ben o conselleiro lles asegurou que será unha obra prioritaria no próximo paquete de infraestruturas de Galicia.
