Aberto o prazo de matrícula da Escola Infantil de Barro

A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar anuncia a publicación das listas definitivas de admitidos/as e de agarda nas escolas do Consorcio para o curso 2012-2013
O prazo de matrícula, tanto para os que fixeron reserva e renovación como para os que fixeron preinscripción, será do 12 ao 30 de xuño, ambos os dous incluídos.
Tal e como consta no Regulamento de Réxime Interior, de non formalizar a matrícula no prazo estipulado decaerá o dereito á praza aínda tendo reserva ou aparecendo na lista de admitidos/as.

http://escolasinfantis.net/index.php?modulo=novas&accion=consultarNovas&id_nova=1099

Deixar un comentario