A Fundación Preescolar na Casa pechará o próximo 30 de xuño por non contar con recursos económicos para afrontar o soldo dos 32 traballadores o próximo curso, e deberá afrontar unha liquidación de case 400.000 euros.
A presidenta da Fundación, Mari Sol Fernández, asegurou en declaracións a Efe que “non temos diñeiro, estamos nun ERE e non podemos liquidar á xente con diñeiro de subvencións. Temos recursos propios de algo máis de 100.000 euros que usaremos para pagar unhas liquidacións que ascenden a case 400.000 euros”.
Por iso, prevé que o Fondo de Garantía Social achegue os case 300.000 euros
necesarios para completar o proceso.
A pesar de que “quixemos deixar unha porta aberta con poucos traballadores no suposto de obter subvencións”, foi unha posibilidade refugada polo administrador concursal que xestiona a Fundación desde que se presentou fai un par de semanas o concurso de acredores.
“Isto é terrible, non me doe que desapareza Preescolar na Casa, dóeme que desapareza o traballo que facía, e vexo que as Administracións non son conscientes da súa necesidade. Se se pon a facelo, as miñas bágoas deixarán de caer”, lamentou Fernández.
Este programa creado no ano 1977 responde os requisitos de calidade establecidos pola Unión Europea para a mellora da educación en bebés de 0 a 3 anos e as súas familias, segundo recoñeceu a presidenta da Fundación, “non creo na igualdade de oportunidades, hai que dar xente oportunidades para a igualdade”.
Preme aqui para ver mais novas de prescolar na casa no Concello de Barro
