Nunha superficie aproximada de hectarea e media, situada en monte veciñal da
parroquia pontevedresa de Alba, a Asociación de Veciños A Capela presentou un proxecto, para a creación dun Parque Forestal Galego. A localización sería no lugar da Devesa, nun espazo próximo ás instalacións da ITV de Curro-Barro.
É unha superficie abandonada, utilizada habitualemente como vertedoiro incotrolado, que se pretende recuperar para o uso e desfrute dos veciños cunha actuación que pasaria por; o repoboación forestal con especies autóctonas e a creación dun area de recreo coa dotación necesaria de mobiliario urbano, unha fonte central e un sendeiro a xeito de paseo.
Agora, segundo o presidente da asociación veciñal, Sabino Cancela, queda o mais dificil, “procurar os recursos económicos para desenvolver o proxecto, que xa conta co apoio do concello de Pontevedra,”.