O Premio Mimi é un recoñecemento a aquelas persoas que usan e defenden o
uso do idioma galego. Partindo dunhas bases elaboradas polo Equipo de Normalización Lingüística, o alumnado de 5º solicitou por escrito as candidaturas, enviando cartas a distintos organismos, asociacións e institucións.
Recibidas as propostas, no segundo trimestre do curso @s alumn@s investigaron, recolleron información e elaboraron carteis e presentacións audiovisuais para dalas a coñecer ao resto do alumnado e profesorado do centro. Logo da votación, saíu gañadora Pili Álvarez, proposta polo Obradoiro Río Umia, impoñéndose aos outros tres candidatos, que foron: Avelino Pousa Antelo, proposto pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, Luís Tosar, proposto pola Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, e Xesús Ferro Ruibal, proposto pola Real Academia Galega.
Na primeira edición, o gañador foi Ezequiel Mosquera; na segunda, o Xabarín Club, e na terceira, As Cantareiras de Ardebullo.
O Premio consiste nunha réplica en madeira de MIMI, a mascota do colexio, realizada polo artista local Fran Remiseiro, baseada no debuxo da alumna Aroa Outón