A Brilat inicia o luns unha “peregrinación” por patrullas dende Tui a Compostela as cales veremos pasar por Barro

Unha decena de equipos dos tres exércitos e policiais disputarán o Concurso de Patrullas Tui-Santiago para fomentar a cohesión e reforzar a identidade colectiva das Forzas Lixeiras, dar a coñecer a Brilat facendo unha exhibición de resistencia física e habilidades militares e contribuír a poñer no mapa o Camiño Portugués a Compostela. Con este triplo obxectivo a Brigada de Infantaría Lixeira (Brilat) “Galicia” VII organiza a undécima edición do Concurso de Patrullas Tui-Santiago e que se enmarca no programa de actividades conmemorativas do Aniversario da Brilat.
O concurso de patrullas reunirá, segundo as previsións da Brilat, entre dez e doce equipos dos tres exércitos e de distintos corpos policiais que disputarán as probas co obxectivo de alcanzar senón superar o récord do Batallón de Zapadores que o pasado ano cubriu a ruta en menos de 30 horas.
Os participantes teñen 48 horas de marxe para cubrir os 120 quilómetros que separan a localidade fronteiriza de Tui e Compostela e superar ata oito probas puntuables: lanzamento de granadas, percorrido topográfico, tiro de precisión con fusil, pista de aplicación, paso con medios de circunstancias no río Umia, percorrido cronometrado e paso a nado do río Ulla.
Os militares estarán localizados en todo momento vía satélite, cun dispositivo de alta tecnoloxía de recente incorporación ás Forzas Armadas.

Deixar un comentario