Miles de afectados polas preferentes de toda Galicia se deron cita
na Coruña para esixir unha solución. Din que están aquí que demostrarlle a Feijoo que «non son uns poucos» e responsabilizan tanto ás entidades bancarias, como ao banco de España e ao Goberno de «este corralito».
Moitos deles, recoñecen estar a atravesar serias dificultades ecónomicas despois de«ter traballado toda unha vida». Unha das portavoces da plataforma de Ourense, Tania Pereira, reclamou que se lles devolva o diñeiro que se obtivo a través dunha fraude. Séntense vítimas dun timo do que non lles informou no seu momento.
Á protesta acudiron algúns representantes políticos como, Francisco Jorquera, Carlos Aymerich, Francisco Rivera, José Luis Méndez Romeu ou José Manuel Carril.