Máis de 40 municipios de Pontevedra actualizaron os seus catastros

Un total de 43 municipios de Pontevedra que teñen a xestión derivada ao Organismo de Recadación da Administración Local (ORAL), que depende da Deputación de Pontevedra, actualizaron nos últimos meses os seus catastros cun aumento rexistrado de 353 millóns de euros, segundo os datos ofrecidos hoxe polo presidente da Deputación, Rafael Louzán.

A revisión do catastro nestes municipios -entre os que non se encontran os de maior poboación, Vigo, Pontevedra e Vilagarcía-, supuxo un aumento de 7.405 vivendas na cifra total de vivendas rexistradas, que queda fixada en 389.546.

O incremento dos valores catastrais repercutirá á alza na contía do Imposto de Bens Inmobles e no de taxas municipais.

Nese sentido, o aumento máis acusado é o do Concello de Barro, que sobe un 24% o valor catastral, malia que o aumento no número de inmobles é só dun 7,44% respecto á última revisión.

No extremo oposto está o Concello de Pontecesures, que rexistra 43 inmobles menos que antes e a consecuente redución do 0,43% no seu valor catastal total.

Deixar un comentario