Dous automobilistas confesaron a Televisión que levan 16 anos negándose a abonar a peaxe. Chegan á cabina de pagamento e dinlle ao operador que non van pagar porque teñen «dereito de paso». Esa especie de insubmisión, que prolifera en Cataluña dentro dunha campaña contra o pagamento de peaxes, é unha infracción que está recollida no Regulamento Xeral de Circulación e que está sancionada con 100 euros de multa.
Pero eses dous condutores non son os únicos que se saltan as peaxes nas autoestradas galegas, fundamentalmente na AP-9, xa que decenas de automobilistas evaden cada día a peaxe en Galicia, aínda que o fan utilizando outro método moito máis perigoso e que preocupa ás autoridades e aos responsables da concesionaria da autoestrada, que non quixeron facer declaracións. Trátase do trenecito, un sistema que se executa nos carrís da telepeaxe, nas coñecidas como vías T reservadas exclusivamente aos coches que dispoñen do dispositivo OBE que activa o levantamento da barreira e que pasa automaticamente o cargo á conta bancaria do automobilista. O condutor infractor coloca o seu vehículo inmediatamente detrás do que leva OBE e pégase tanto á súa parte traseira que consegue pasar mentres a barreira está levantada para permitir o paso do primeiro vehículo. Esta acción tamén está sancionada con 100 euros e ten un elevado risco. De feito producíronse varios accidentes por alcance neses casos.
No pagar los peajes en autopistas, no es delito ni supone ninguna infracción.
