O subdelegado destaca o labor humanitario de catro gardas civís

Antonio Coello, subdelegado do Goberno en Pontevedra, realizou onte a súa primeira visita oficial ás dependencias da Policía Nacional e a Garda Civil. Durante a súa estancia na Comandancia, non dubidou en destacar o labor humanitario que recentemente realizaron catro axentes en Barro para asistir a unha persoa de idade avanzada.

Pola súa banda, o comisario José Manuel Salgado trasladoulle ao subdelegado non só algunhas das actuacións máis destacadas da Policía Nacional, senón que recalcou o feito de que, só no 2011, expedíronse en Pontevedra un total de 139.787 DNI e 27.933 pasaportes.

Deixar un comentario