ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON
RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS
Obxecto: a concesión en réxime de concorrencia competitiva de estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.
Prazas: convócanse ata un máximo de 95 prazas para mulleres con fillas e/ou fillos ao seu cargo, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
Duración: as estadías terán unha duración de entre sete e dez días, en réxime de pensión completa, preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de xullo.
Condicións económicas: os gastos de aloxamento, manutención, monitoras e transporte desde o seu concello de orixe serán gratuítos para as persoas beneficiarias, e serán por conta da Secretaría Xeral da Igualdade.
Prazo: ata o 16 de maio.