traballadores que durante un período de seis meses van a traballar dentro do Plan Provincial de Emprego 2012 da Deputación. Concretamente, hoxe achegáronse ata o Pazo Provincial os traballadores do primeiro turno de contratacións incluídos neste plan que posibilitará ocupación e emprego.Por outra banda, esta iniciativa ten tamén por obxecto “contribuír á xeración
de emprego, ó desenvolvemento económico”. Precisamente, ó remate da xuntanza, os traballadores recolleron os seus contratos. Estes foron dirixidos a persoas paradas e a súa selección realizouse a través das oficinas do servizo público de emprego, atendendo a criterios de mérito e capacidade. En principio a Deputación contratou a nove traballadores para cada un dos 62 municipios. Perante a xuntanza, Rafael Louzán apelou á “implicación, colaboración e cumprimento das tarefas que vos encarguen os respectivos concellos”, tarefas todas elas “dedicadas a mellorar infraestruturas e calidade de vida dos cidadáns e a manter a nosa provincia coa pulcritude que merece de cara aos numerosos visitantes que recibimos”.