É unha enfermidade neurolóxica dexenerativa que evoluciona ao longo dos anos e que adoita aparecer en suxeitos de idade avanzada. Na enfermidade de Parkinson a destrución progresiva dunha rexión específica do cerebro (a substancia negra) desemboca na aparición de síntomas cada vez máis graves que poden chegar a producir a morte do paciente.
No cerebro existe un grupo de células nerviosas encargadas de producir dopamina, un neurotransmisor esencial para o control dos movementos e a transmisión do impulso nervioso. Estas neuronas agrúpanse nunha estrutura denominada substancia negra -por ter unha cor escura nos cadáveres-, que se sitúa nos ganglios basais.
As neuronas da substancia negra dos suxeitos con enfermidade deParkinson morren antes de tempo sen ser substituídas por outras novas. Cando desaparece o 50 ou 60% destas células desta zona comezan a facerse evidentes os primeiros síntomas: tremores, rixidez ou dificultade para a marcha ou o mantemento da postura.
A medida que progresa a dexeneración desta zona cerebral poden aparecer problemas máis graves.
