“A Xunta da austeridade recortou 22 millóns de euros dos orzamentos de
prevención e extinción e, ante unhas condicións climáticas excepcionais, non adoptou medidas excepcionais. É a loita contra o déficit culpable do incendio das Fragas? Non, pero a redución da débeda é prioritaria sobre outras cuestións… Tan absurdo como certo. A Xunta da austeridade segue co obsceno eufemismo de “tempada de incendios” coma quen fala de ocupación hoteleira, e os traballadores están na casa mentres os montes arderon xa en febreiro. Manipula e censura, relea en hectáreas queimadas, minte e evita pronunciar “Fragas do Eume”: é máis preciso dicir Concello da Capela, claro… Tampouco introduce nas informacións algúns
datos relevantes, como por exemplo que os tres focos simultáneos do incendio comezaron máis ou menos por onde se sitúa o proxecto de crear unha mina de andalucita… Igual que no 2006 os incendios se concentraban naquelas zonas do territorio con maior densidade de poboación (relación coa especulación inmobiliaria…?
Negar os intereses económicos como causas dos incendios de hoxe en día, xunto con todas as xa citadas, é un engano que busca protexer as verdadeiras miserias deste sistema. O negocio non entende de parques naturais, nin de patrimonio común, nin de pór en risco á propia poboación (non digamos xa a fauna ou a flora. Quen está ao servizo do negocio, tampouco. Quen goberna este país dende a distancia, tanto física como sensorial, nunca entenderá o irreparable desta perda.
Ponse en marcha, dende xa, a maquinaria de reparación a base de investimentos, visitas institucionais, anuncios, etc. Alguén se acorda do Prestige?”
Moitos de nós preguntámonos onde está agora aquela Asociacion presidida polo alcalde de Barro, o Sr. Landín, chamada “SOS contra o Lume” que tan ferventemente defendia o monte galego, organizaba manifestacións e visitas a Bruxelas ou propoñía reforestar os terreos queimados con eucaliptos, onde andaran?, xa lle pasou a lideira ecoloxista ou será que goberna o PP na Xunta?, “Sos contra o lume”, manifestádevos.
