Os 14 municipios que a conforman xa superan, no seu conxunto, os 190.000 habitantes, segundo o último censo oficial que acaba de actualizar o Instituto Nacional de Estatística (INE).
Estas cifras, referidas ao 1 de xaneiro deste ano pero que serán oficiais durante todo 2012, establecen unha poboación total de 190.400 veciños en Pontevedra (que aglutina o 43,2% desa cifra global), Marín, Sanxenxo, Poio, Caldas, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cuntis, Moraña, Campo Lameiro, Portas,
Barro, Cotobade e A Lama. O concello poiense figura como un dos que maior subida concretou nos últimos tempos. Así se sitúa no grupo de cabeza da comarca. Xunto con Pontevedra, Barro, Sanxenxo, Vilaboa, A Lama, Caldas e Cotobade incorporou a case 800 veciños en só os 12 meses de 2010. No outro lado da moeda situáronse Marín, Cuntis, Moraña, Ponte Caldelas, Campo Lameiro e Portas, que baixaron en 288 veciños.
