Os socialistas de Barro reunironse con comerciantes autonomos de venta ambulante que forman parte de varias asociacions do sector, entre elas ACAPAG – Asociacion de Comerciantes Ambulantes e Plaza de Abastos de Galicia-.
O encontro tivo lugar este pasado venres na sede da agrupación local co obxectivo de analizar a situación actual do mercado e avanzar na busca de alternativas reais a feira dominical, dado que dende o goberno local non se atisban solucions inmediatas e despois de 5 anos da existencia do mercado sen recibir un solo euro para as arcas municipais.
Dende os socialistas de Barro somos conscientes da importancia desta actividade para o desenvolvemento economico do municipio pero consideramos que se debe impulsar unha xestion diferente dado que a actual esta caduca por incumplento total do contrato.
De todos e coñecido a debeda de 48 mil euros que ten contraida a actual
empresa que xestiona a feira co concello , ademais de non disponer de seguro de responsabilidade civil, e non aportar ningunha relacion dos postos existentes.
Por todos estes motivos o organismo ORAL de Pontevedra esta en via de execucion para o cobro do importe pendente.
Os socialistas de Barro dubidamos en gran medida de que esta empresa Rias Lacha acabe cumplindo finalmente co pagamento e por tal motivo estamos traballando nunha alternativa para a creación duna feira regulada con documentación, legalizada, publica e transparente.
Os comerciantes ambulantes anteriormente mencionados e os socialistas de Barro creemos que outra feira e posible e ofrecemos a nosa colaboración o Concello para que a situación actual remate canto antes. Ambas partes pensamos que debe ser o Concello o que directamente xestione o mercadillo, abrindo mesmo a posibilidade de que comerciantes e productores agrícolas locais poidan vender as suas mercadorias.
Neste contexto, a agrupación socialista de Barro volverase a reunir en datas proximas con membros de varias asociacions de comerciantes ambulantes de Galicia para tentar dar forma a unha nova iniciativa que mellore as condicions da actual feira de Barro.
Na reunion mantida este pasado venres tamen se decidiu establecer un prazo de 15 dias para que tanto o Concello como a Empresa Rias Lacha S.L se pronuncien.
No caso contrario, no vindeiro encontro e a vista das ilegalidades que se veñen reproducindo cada domingo adoptaremos outro tipo de medidas.
