Fomento ‘rescata’ as autovías de Vigo a Pontevedra e Porriño

A titular de Fomento explicou que o plan ata 2024 inclúe a construción de 486 quilómetros de novas autovías, cun investimento de 3.840 millóns. Entre os obxectivos están terminar a autovía A-8, a do Cantábrico e sobre todo construír o novo corredor entre Vigo e Porriño, completando así a A-52, que agora ‘morre’ no Louro. Ademais Pastor falou das autovía que unirá Santiago e Lugo (A-54); a que irá de Ourense a Lugo (A-56); a A-57 (Porriño-Pontevedra), que ‘ten seis tramos, todos con proxectos en redacción’, salvo o de Barro-Curro-Valga, que está en estudo informativo; e a A-59, (Vigo-Pontevedra) que ten tres tramos co proxecto en redacción. Ana Pastor compareceu no Senado para presentar o Plan de Infraestructuras 2012-2024, dentro do que incluíu a creación deste ente de proximidade galego. ‘En proximidades necesitamos traballar’, dixo. Tamén chamou a atención que se referiu en varias ocasións á liña de alta velocidade Zamora-Ourense-Vigo ‘onde o investimento pendente é de 8.373 millóns’ e o tramo Vigo-Ourense por Cerdedo ‘onde faltan 2.200 millóns’.

Deixar un comentario